Aprendizaxe por competencias

Suma pezas

Todas as áreas para Secundaria e Bacharelato

Suma pezas é un proxecto educativo curricular en galego para todas as áreas de coñecemento de Secundaria e Bacharelato baseado na aprendizaxe por competencias e no desenvolvemento de compromisos dos estudantes coa realidade do seu tempo.

Suma pezas propón un novo enfoque competencial, co máximo rigor curricular e unha secuenciación de contidos coherente e coordinada entre todas as áreas ao longo das etapas de Secundaria e Bacharelato. Favorece a competencia en comunicación lingüística, que é esencial para acceder aos coñecementos que nos permiten comprender o mundo que nos rodea e desenvolver habilidades de convivencia.

Educación emocional
Proporcionamos estratexias de autocoñecemento e autoestima esenciais para abordar os escenarios de demanda e desenvolvemento de capacidades cognitivas, comunicativas e socioafectivas na adolescencia.
Desenvolvemento sostible
Queremos concienciar os estudantes sobre os desafíos propostos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, proporcionando un marco que reforza a súa preparación cara a unha cidadanía comprometida e responsable.
Tecnoloxías da información e dad comunicación
Os estudantes deben integrar TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) como recurso para obter información e usala segundo un obxectivo: traballar e colaborar en liña de forma ética e legal.
Plan lingüístico
Queremos que os estudantes aprendan e apliquen as habilidades necesarias para comprender a diversidade de situacións nas que a lingua está presente, para comprender o mundo e desenvolver habilidades para a convivencia.
Desenvolvemento do pensamento
Buscamos axudar a formar pensadores críticos que adquiran coñecemento despois da análise e da reflexión e que contrasten a información que reciben a través de diversos medios para detectar enganos ou fake news.
Aprendizaxe cooperativa
As contribucións de todos os membros dun grupo de aprendizaxe estimulan a aprendizaxe individual e o desenvolvemento de habilidades como a rectificación, a consolidación e a reafirmación da aprendizaxe.
Orientación académica e profesional
Os estudantes deben estar conectados coa realidade laboral. Con este proxecto é posible espertar vocacións e axudalos a estar mellor preparados para tomar decisións profesionais descubrindo as calidades de cada alumno.
Emprendemento e liderado
Os estudantes teñen que aprender a desenvolver a súa propia capacidade creativa e innovadora, fomentando o seu sentido de iniciativa, a súa proactividade para afrontar proxectos e as súas aptitudes para un liderado.
Avaliación
Porque busca promover a reflexión, a análise e a avaliación que os alumnos fan da súa propia aprendizaxe, o que aprenderon e como. Aprender a aprender é a clave que xustifica a avaliación neste proxecto.

De xeito flexible, Suma pezas ofrece a posibilidade de incorporar metodoloxías activas, utilizar estratexias cooperativas e de pensamento, fomentar habilidades persoais e sociais para a xestión das emocións e o desenvolvemento do emprendemento e atender á orientación académica e profesional, apostando pola igualdade e a inclusión. E todo isto, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que deben ser o noso horizonte nos próximos anos.

Máis Suma pezas
Máis proxectos educativos

Suma peces

El projecte educatiu curricular per a Secundària i Batxillerat en Comunitat Valenciana i Balears.
Mira el projecte

Suma piezas para Secundaria

Proyecto educativo curricular para Secundaria y en castellano
Mira el proyecto

Suma piezas para Bachillerato

Proyecto educativo curricular para Bachillerato y en castellano.
MIra el proyecto

Building blocks

Curricular educational project for Secondary School in bilingual schools.
See the project

Suma peces

El projecte educatiu curricular per a Secundària i Batxillerat en Comunitat Valenciana i Balears.
Mira el projecte

Suma piezas para Secundaria

Proyecto educativo curricular para Secundaria y en castellano
Mira el proyecto

Suma piezas para Bachillerato

Proyecto educativo curricular para Bachillerato y en castellano.
MIra el proyecto

Building blocks

Curricular educational project for Secondary School in bilingual schools.
See the project

Suma pezas é un proxecto educativo de aprendizaxe por competencias, que desenvolve a participación dos estudantes e maximiza a produtividade na aula.

Libros de texto e recursos didácticos
Materiais de Suma pezas en galego

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos para estudantes e profesores que compoñen este proxecto educativo en galego:

               

              Sin resultados