Aprendizaxe por competencias

Peza a peza

Método globalizado

Peza a peza é un proxecto educativo no que profesores e alumnos toman o papel principal a través dun enfoque competencial que conecta a realidade persoal e social próxima aos estudantes e no que destacan dous elementos básicos: investigar e aprender facendo. Todo isto a partir dunha secuenciación de contidos coherente e coordinada entre todas as áreas ao longo de toda a etapa da Educación Primaria.

As claves de Peza a peza son:

Metodoloxía
A aprendizaxe baseada en retos é unha das metodoloxías máis motivadoras. Baséase na aprendizaxe competencial e dálle un sentido práctico aos coñecementos adquiridos vinculándoos co ambiente persoal, familiar e social dos alumnos e alumnas.
Plan lingüístico
Organizado, secuenciado e integrado en todas as áreas do coñecemento, contribúe ao desenvolvemento de habilidades orais e escritas e á aprendizaxe dos diferentes aspectos relacionados co uso da lingua.
Desenvolvemento do pensamento
As estratexias de pensamento promoven a competencia de aprender a aprender porque lles axudan aos estudantes a tomar conciencia dos seus procesos mentais e a actuar de xeito reflexivo e crítico.
Aprendizaxe cooperativa
A aplicación de técnicas cooperativas favorece a aprendizaxe, aumenta a participación e o sentido da responsabilidade dos estudantes, xerando capacidades de comunicación e cooperación.
Educación emocional
Peza a peza ofrece situacións de aprendizaxe secuenciadas en todas as áreas que abordan o crecemento persoal e social dos estudantes, para que sexan conscientes das emocións e poidan comprendelas, controlalas e modificalas.
Cultura emprendedora
Este proxecto promove as diferentes habilidades do emprendemento nas súas tres dimensións: persoal, social e produtiva, de xeito transversal, en todos os ámbitos e a través dunha secuencia progresiva de actividades ao longo de toda a etapa.
TIC e TAC
Este proxecto integra o uso das TIC como recurso para obter información, seleccionala e usala para un propósito específico, desenvolver a cidadanía dixital e as habilidades para o uso das TIC para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC) .
Avaliación
Peza a peza incorpora estratexias que lles permiten aos estudantes participar na avaliación da súa aprendizaxe analizando o que aprenderon e como o aprenderon, acompañando a súa análise co uso de instrumentos que faciliten a avaliación obxectiva.

Baseado neste enfoque e dun xeito flexible, o proxecto ofrece a posibilidade de incorporar metodoloxías activas, estratexias cooperativas, habilidades persoais e sociais, a xestión das emocións e o desenvolvemento do emprendemento, apostando pola igualdade e a inclusión. Do mesmo xeito, é prioritario propoñer metodoloxías que xeren estratexias de pensamento que lles axuden aos estudantes a memorizar, lembrar, analizar e valorar a súa propia aprendizaxe.

Peza a peza é un proxecto educativo flexible no que profesores e alumnos teñen un papel auténtico que pon en xogo as estratexias máis axeitadas para acadar a aprendizaxe de habilidades.

Máis Peza a peza
Máis proxectos educativos

Peça a peça

El projecte educatiu curricular per a Primària per a la Comunitat Valenciana i Balears.
Mira el projecte

Pieza a pieza

Proyecto educativo curricular para Primaria en castellano
Mira el proyecto

Piezaz pieza

Oinarrizko hezkuntzarako euskarazko hezkuntza proiektu curricularra.
Begiratu proiektuari

Peça a peça

El projecte educatiu curricular per a Primària per a la Comunitat Valenciana i Balears.
Mira el projecte

Pieza a pieza

Proyecto educativo curricular para Primaria en castellano
Mira el proyecto

Piezaz pieza

Oinarrizko hezkuntzarako euskarazko hezkuntza proiektu curricularra.
Begiratu proiektuari
Libros de texto e recursos didácticos
Materiais Peza a peza

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos para estudantes e profesores que compoñen este proxecto educativo:

            Sin resultados