La web del alumnado
La web del profesorado

Lingua Galega

Pardal

Fórmula Práctica

Pardal proponche unha fórmula práctica para que o alumnado lea, estude e aplique o aprendido. Nun só volume atoparás lecturas, comprensión lectora, dinámicas de expresión oral, actividades graduadas para realizar no propio libro, esquemas visuais, contidos teóricos... Para que o alumnado adquira as competencias en Lingua Galega reais e produtivas.

Aprender Lingua con Pardal'ten moitas vantaxes. Consulta aquí as claves do proxecto...

Como é Pardal?
Pautas DUA
Adaptado ás necesidades reais do alumnado. En toda a etapa téñense presentes as pautas DUA para atender ás distintas formas de transmisión da información; as normas que marca a lei de accesibilidade e ás indicacións Pisa.
Pardal: pautas DUA
Como é Pardal?
Aprendizaxe autónoma
Aplicación práctica dos contidos e uso do exemplo para favorecer a resolución das actividades. Acadar que o alumnado se sinta autónomo é fundamental para conseguir un achegamento á lingua.
Pardal: aprendizaxe autónoma
Como é Pardal?
Contidos graduados
Proxecto progresivo con contidos graduados ao longo de toda a etapa, organizados segundo a súa complexidade e pensados para o nivel de maduración intelectiva dos alumnos e das alumnas.
Pardal: contidos graduados
Como é Pardal?
Proxecto curricular
Todos os contidos presentes na colección responden ao currículo de Lingua Galega para Primaria. O anexo final complementa a explicación do profesorado, soluciona dúbidas e serve como base de estudo.
Pardal: proxecto curricular

Así é Pardal, o proxecto educativo de lingua galega para primaria

Leo e comprendo, Leo e escribo, Vocabulario, Ortografía...

Lectoesritura

En Pardal, a Lectoescritura (unidades 1 a 6) procura unha aprendizaxe amable e guiada. Pártese da identificación visual e auditiva e da lectura en voz alta. A secuencia de presentación das letras asegura unha aprendizaxe ordenada e eficaz.

O apartado Fíxate atende á motricidade fina, á ergonomía, a escritura correcta na pauta...

Comprensión lectora, vocabulario e ortografía

Leo e comprendo: lecturas breves e actividades intuitivas e cordiais para construír a identidade lectora.

O apartado Escoito e falo adestra a oralidade con dinámicas de comunicación adaptadas ao estado de maduración do alumnado. 

En Pardal 2 engádese un apartado, Leo e escribo, para ampliar a práctica da lectura e da escritura. O vocabulario seleccionado fornéceos para nomear os seus campos de interese. Refórzase a ortografía e a competencia escrita para que as alumnas e os alumnos sexan solventes e se sintan cómodos producindo os seus primeiros textos.

Gramática

Os contidos gramaticais trabállanse de xeito graduado en toda a etapa.

En moitas actividades hai un guieiro ou exemplo para activar os coñecementos previos e innatos (categorías gramaticais, concordancia, temporalidade...). O seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe autónoma.

Tamén se propoñen actividades competenciais nas que aplicar os coñecementos á vida cotiá.

Memorización visual

A aprendizaxe autónoma refórzase coa consulta do Anexo, onde os contidos teóricos están dispostos para impulsar a memorización visual.

Proxecto dixital Pardal

Para cada nivel, alumnado e profesorado, van contar con recursos que motivan a aprendizaxe e consolidan os saberes básicos.

E ademais, actividades destacadas con iconas para traballar:

  • A expresión e a comprensión oral.
  • A aprendizaxe lúdica.
  • A alfabetización informaciónal.

Más información e mostras dos materiais

Completa o proxecto educativo
Máis Fórmula Práctica
Descubre Fórmula Práctica EnAcción

Lengua EnAcción

Mira el proyecto y los materiales de la Fórmula Práctica para Lengua Castellana de Primaria.
Descubre EnAcción
Descubre Matemáticas EnForma para Primaria

Mates EnForma

Mira el proyecto y los materiales de la Fórmula Práctica para Matemáticas de Primaria.
Descubre EnForma
Descubre Fórmula Práctica EnAcción

Lengua EnAcción

Mira el proyecto y los materiales de la Fórmula Práctica para Lengua Castellana de Primaria.
Descubre EnAcción
Descubre Matemáticas EnForma para Primaria

Mates EnForma

Mira el proyecto y los materiales de la Fórmula Práctica para Matemáticas de Primaria.
Descubre EnForma
Libros e recursos didácticos
Materiais de Pardal para Lingua Galega de Primaria

Descobre todos os recursos que Pardal pon ao dispor do alumnado e do profesorado para a Lingua Galega da Primaria:

         

        Sin resultados