Método de Educación Infantil

Retos

Aprendizaxe de tarefas

Retos é un proxecto educativo para Infantil que aplica o mellor das metodoloxías educativas innovadoras sen esquecer o mellor das metodoloxías tradicionais. É o primeiro método para tarefas de educación infantil que consegue engadir motivación e experimentación á tranquilidade de traballar con rigor curricular todos os contidos.

Este proxecto curricular de Educación Infantil utiliza un método co que os nenos e as nenas poidan enfrontarse ao desafío de resolver situacións ou investigar problemas de forma cooperativa, globalizada e interdisciplinar, integrando as TIC, estratexias de pensamento e educación emocional na súa aprendizaxe, para obter un produto final que poidan compartir co grupo e coa familia.

Claves do método de educación infantil Retos:

Aprendizaxe cooperativa
A necesaria colaboración entre os nenos e as nenas para realizar as tareras fomenta a participación activa no desenvolvemento das competencias, tamén no uso das TIC.
Aprendizaxe por tarefas
Retos emprega unha metodoloxía de aprendizaxe por tarefas, o que implica unha construción do pensamento, xa que ofrece técnicas que favorecen a adquisición gradual de destrezas e hábitos.
Emocional, práctico, interdisciplinar
La educación emocional favorece a educación inclusiva e a interdisciplinariedade favorece a integración das aprendizaxes.

O marco simbólico de Retos parte do CRI, o Centro Retos de Investigación. No CRI xurdiu un problema, quedaron sen robots de investigación; só quedan Rita, Roto e Rizos. O resto dos robots investigadores estragáronse; quen resolverá agora todos os retos que chegan ao CRI? Rita, Roto e Rizos deciden pedirlles axuda aos nenos e ás nenas da clase de Educación Infantil... quererán axudarlles aos tres robots a resolver todos os retos do CRI?

Máis Retos
Máis proxectos educativos

Retos

Proyecto educativo para Infantil en castellano.
Descubre el proyecto

Reptes

Projecte educatiu per a Educació Infantil en valencià.
Descobreix el projecte

Retos

Proyecto educativo para Infantil en castellano.
Descubre el proyecto

Reptes

Projecte educatiu per a Educació Infantil en valencià.
Descobreix el projecte

Todos os materiais de Retos van acompañados dunha interesante proposta de avaliación rigorosa, completa e altamente práctica.

Libros de texto e recursos didácticos 
Materiais de Retos

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos para estudantes e profesores que compoñen este proxecto educativo:

             

            Sin resultados