Método de Educación Infantil

Lunares e Pugas

Proxecto construtivista

Lunares e Pugas é un método de educación infantil cunha base teórica sólida e un enfoque construtivista para o primeiro ciclo de Educación Infantil, no que a flexibilidade, a experimentación e a creatividade son piares fundamentais.

Neste proxecto educativo para bebés proponse unha metodoloxía aberta e estimulante con soportes prácticos e atractivos que lle permiten ao profesorado escoller, adaptar e respectar o momento de maduración, os ritmos e os gustos do alumnado. Con esta metodoloxía de ensinanza favórecese a confianza e a participación das familias, así como o desenvolvemento persoal, físico, intelectual, emocional e social das nenas e dos nenos.

As claves do éxito deste método para a educación infantil son:

Metodoloxía
A esencia do método baséase na cantidade de posibilidades que se abren ao poder elixir o desenvolvemento das propostas e das tarefas, adaptalas ao tempo dispoñible, ao ambiente e respectar o estilo educativo e o ritmo de aprendizaxe do alumnado.
Fundamento
A curiosidade, a emoción e a sorpresa xogan un papel importante na aprendizaxe, como demostra a neurociencia. Con base nela, este método engádelle estes factores á aplicación didáctica dos contos, así como ao desenvolvemento de competencias.
Espazo
Este método de Educación Infantil propón un enfoque por áreas, un marco estimulante, atractivo e versátil que favorece a liberdade de uso e de movemento e fortalece a sensación de seguridade dos nenos e nenas no seu proceso de aprendizaxe.
Tempo
Este proxecto educativo presenta rutinas e propostas flexibles para facilitar a adaptación ás características, intereses e inquedanzas de nenos e nenas, da escola e do propio estilo, á hora de guiar a aprendizaxe, dos educadores e educadoras.

Aberto, flexible, vivencial, creativo e emocional... Lunares e Pugas ofrece un conxunto de soportes, obradoiros e outros elementos para o alumnado, o profesorado, a aula e as familias, un material aberto, estimulante e versátil.

Mira también...
Lunares y Púas

Proyecto educativo constructivista para Educación Infantil. Consulta los materiales en castellano.

Mira el proyecto
Libros de texto e recursos didácticos
Materiais de Lunares e Pugas

Use os seguintes filtros para atopar todos os libros de texto, materiais educativos e recursos didácticos para estudantes e profesores que compoñen este proxecto educativo:

            Sin resultados